Científicos alemáns e estadounidenses crearon unha vacina para ratos que
permite combater tumores de pulmón, pel e colon. A partir dunha análise bioinformático, deseñaron secuencias de ARN mensaxeiro
sintético que se introducían nos roedores para desencadear a reacción do
sistema inmunitario.
Os
expertos da Universidade de Johannes Gutenberg (Alemaña),
explican que ata agora o principal obstáculo para o desenvolvemento deste tipo
de vacinas era que cada tumor posúe un repertorio único de mutacións (que
bautizaron como metanoma),
dificilmente identificable polas células inmunitarias. Non obstante,
descubriron que a maior parte do metanoma de tres tipos distintos de tumores en
ratos (causantes de cancro de pulmón, pel e colon) podía ser detectada polos
linfocitos T CD4+, capaces de maximizar as
capacidades de defensa do sistema inmunitario. Polo tanto, unha vacina que
activase estes linfocitos permitiría unha resposta máis rápida e intensa contra
o tumor.A partir dos resultados dos experimentos, os expertos deseñaron secuencias específicas de ARN mensaxeiro sintético que permitía que as células detectasen e rexeitasen os tumores. A eficacia destas vacinas foi comprobada nun grupo de ratos que mostraron maiores niveis de supervivencia respecto aos que non foran inmunizados.
Aplicar a noterapia á medida pode servir como modelo universal para estes tipos de cancro, permitindo combater aos tumores grazas a vacinas producidas a tempo.
