No seu estudo, publicado na revistaGenesandImmunity,
os expertos detectaron que as variantes xenéticas C4BPA e CR2 protexen contra a
infección porVIH. Para chegar a estas conclusións, os
investigadores analizaron o xenoma de individuos expostos a prácticas de risco
durante anos, en concreto, heroinómanos que non se infectaron a pesar de ter
condutas de alto risco.
Os
investigadores intentaban responder á pregunta de que protexía estas persoas da
enfermidade a pesar de expoñerse durante anos a prácticas de risco. Para iso,
analizaron o seu xenoma centrándose nun grupo de xenes que consideraban
relacionados co efecto protector.
O
investigador explica que, aínda que esa batería de xenes é común a todos os
xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta.
Aínda
que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha
variante que funciona de forma distinta
A
novidade do estudo esta na detección de ambas as dúas variantes de xenes, que
os investigadores extraeron da análise do xenoma dunha mostra de 450 pacientes
expostos aVIH por
vía sanguínea.
Ademais,
os científicos trasladaron os seus resultados obtidos en Andalucía a Italia,
onde en colaboración coa Universidade de Milán. O CR2, tamén está presente
noutro grupo de mulleres de risco: parellas de infectados porVIHque non presentan a enfermidade.
Os investigadores explican as posibles
implicacións terapéuticas do descubrimento destas áreas do xenoma con efecto protector.
Desta forma, os expertos destacan que estes elementos do xenoma poderían
considerarse un factor para agrupar os pacientes en función das súas
características xenéticas de cara a mellorar a efectividade futura dos
tratamentos.
Un neno australiano de catro anos é a primeira persoa á que
se lle colocou unha bomba de insulina de última xeración, que se diferencia das
que hai no mercado en que ademais de avisar dunha inminente hipoglicemia, predí
cales serán os niveis de glicosa da seguinte media hora. A comercialización dos
aparatos non comezará ata o mes de maio. Xavier
Hamesvive enPerth, na costa occidental de Australia e aos seus
catro anos xa vive pendente dos niveis de insulina. A vantaxe do modelo que
levaXavier é dobre: por unha parte, inclúe un
sensor que mide constantemente os niveis de glicosa, e así cando o seu azucre
baixa moito, avisa dunha posible hipoglicemia, algo que xa facía o modelo
inmediatamente anterior de bomba; a gran novidade é que o sistema inclúe un aparello
que calcula o que vai pasar nos próximos trinta minutos, e se no intermedio se
recuperan os niveis, a máquina volve corrixir a deriva e inxecta insulina para
estabilizar aXavier. Isto é moi importante, porque os pacientes que
sofren moitas hipoglicemias acaban perdendo a capacidade de reacción previa, o
seu corpo non se defende contra o baixón de glicosa e nin sequera os avisa. Se
con estas bombas se evitan os episodios, é máis doado que o paciente manteña
ese mecanismo de protección natural.
Con soamente 126
casos en todo o mundo, a enfermidadedo verme de Guinea xa está case erradicada, asegurou hoxe o
expresidente de Estados UnidosJimmy Carter.Carter inaugurou
hoxe a exposición CountdowntoZero no
Museo de Historia Natural de Nova York, unha mostra que relata os avances nos
últimos anos para eliminar a dracunculosis ou
a enfermidade do verme de Guinea, que sufrían 3,5 millóns de persoas, fai só
tres décadas.
SegundoCarter,
a enfermidade do verme de Guinea podería chegar a desaparecer da terra en dous
ou tres anos se os voluntarios e traballadores da fundación poden traballar
especialmente en Sudán do Sur e en Mali, onde existen a maioría de casos
actuais e cuxos conflitos ameazan a campaña contra a infección.
O
doutorFrankO.Richards, un dos expertos doCarter Center, explicou que o verme de Guinea é un tipo de parasito que
vive na auga e se transmite a partir da inxestión da auga contaminada, de
maneira que un verme dun metro de longo crece nas pernas dos enfermos e
impídelles camiñar.
En
2014 soamente quedaban 30 poboados enfermos (todos en África) que sufrían esta
enfermidade, que en 1991 afectaba a 23.735 municipios.