
Xavier Hames vive en Perth, na costa occidental de Australia e aos seus catro anos xa vive pendente dos niveis de insulina. A vantaxe do modelo que leva Xavier é dobre: por unha parte, inclúe un sensor que mide constantemente os niveis de glicosa, e así cando o seu azucre baixa moito, avisa dunha posible hipoglicemia, algo que xa facía o modelo inmediatamente anterior de bomba; a gran novidade é que o sistema inclúe un aparello que calcula o que vai pasar nos próximos trinta minutos, e se no intermedio se recuperan os niveis, a máquina volve corrixir a deriva e inxecta insulina para estabilizar a Xavier. Isto é moi importante, porque os pacientes que sofren moitas hipoglicemias acaban perdendo a capacidade de reacción previa, o seu corpo non se defende contra o baixón de glicosa e nin sequera os avisa. Se con estas bombas se evitan os episodios, é máis doado que o paciente manteña ese mecanismo de protección natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario