
Segundo os seus cálculos, esta gran masa de auga salgada tería uns 100 quilómetros de profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra) e se encontraría baixo unha codia de 150 quilómetros de espesor, composta na súa maior parte por xeo.
Descuberta por Galileo no ano 1610, a lúa xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ao planeta Mercurio e conta cun campo magnético propio (é o único satélite do SistemaSolar que o ten) e unha fráxil atmosfera, moi distinta á da Terra, na cal xa se encontraran indicios de osíxeno.
Este descubrimento abre a fascinante posibilidade de que haxa vida máis alá da Terra na opinión de múltiples científicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario