Este blog foi creado para asignatura de Ciencias para o Mundo Contemporáneo no IES Praia Barraña e nel será subida a actualidade científica.
viernes, 13 de marzo de 2015
Unha fotografía en alta resolución do noso ADN.
O núcleo dunha célula humana alberga uns dous metros de
material xenético, o noso libro de instrucións. Nestes dous metros, oADN empaquétase
en cromosomas e estes organízanse en nucleosomas, uns nobelos de proteínas que
dan lugar á fibra de cromatina, unha estrutura con aparencia de colar de
perlas. Por primeira vez, os científicos observaron en animais, con suficiente
claridade os nucleosomas. É unha fotografía en alta resolución do noso xenoma.
Ata agora
pensábase que os nucleosomas estaban moi compactados e esparexíanse de forma
regular na cromatina. En cambio, novos experimentos con células nai e células
adultas de humano e rato mostran que se empaquetan de forma diferente. Ademais,
o estudo engade que están separados por rexións deADN libres de nucleosomas.
Esta
investigación básica ofrece novas pistas para entender mellor o funcionamento
das células nai. En concreto, os cambios na cromatina durante os procesos de
reprogramación e diferenciación celular. Por exemplo, este coñecemento podería
contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a arquitectura
interna dunha célula canceríxena. O descubrimento
podería contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a
arquitectura interna dunha célula canceríxena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario