viernes, 5 de diciembre de 2014

A taxa de fertilidade española é a segunda máis baixa de toda Europa.

España mantense dende hai máis de dúas décadas entre os Estados europeos coas cifras máis baixas en 1990 con 1,36 fillos por muller, era o mínimo do continente xunto a Italia. Aínda baixou máis en 2000, cando caeu ata 1,23, de novo a máis reducida do continente, antes de elevarse a 1,37 unha década máis tarde.

Dáse a circunstancia de que hai catro décadas, irónicamente, España tiña unhas taxasde fertilidade entre as máis elevadas. En 1970 era de 2,90 fillos por muller, que entón só superaba Irlanda (3,87) e igualaba a Romanía entre os actuais membros da UE .

A razón desa evolución, xunto ao descenso da fertilidade, é o envellecemento da poboación, cun 17,4% dos habitantes de 65 ou máis anos en 2012, superior á media da UE (17%).
Os Estados máis envellecidos son Alemaña (21% de maiores de 65 anos), Italia (20,8%), Grecia (19,7%), Portugal (19%), Suecia (18,8%) e Letonia (18,6%).

A taxa de fertilidade española, con 1,32 fillos por muller en idade fértil, é despois da polaca (1,30) a máis baixa de toda Europa, por debaixo de Grecia, Hungría e Eslovaquia (1,34), segundo cifras do 2012, o último ano con datos comparables, indicou hoxe a OCDE.