viernes, 21 de noviembre de 2014

O 'dilema de Darwin' puido ser resolto.

A 'explosión' repentina de novas especies de vida que aconteceu hai centos de millóns de anos, coñecida como Explosión do Cámbrico, puido ser provocada por un grande evento tectónico, segundo un grupo de investigadores de EUA.

A Explosión do Cámbrico, que tivo lugar fai 530 millóns anos, causou arapidísima diversificación da vida animal multicelular no mundo. Estudos recentes determinaron que durante esta a vida animal evolucionou cinco veces máis rápido que o fai hoxe.

Os científicos aínda non están seguros de que causou exactamente este aumento repentino no número de especies nun período tan curto. Algúns apuntan a un desprazamento das pracas tectónicas de grande envergadura puido causar o aumento do nivel do mar e, como consecuencia diso, a explosión da vida.

A auga inundou partes dos continentes, creando un espazo de pouca profundidade, o que pola súa banda abriu nichos para novas especies. Tamén o evento tectónico favoreceu a suba de auga do océano, o que contribuíu a unha ondada de nutrientes en augas pouco profundas e levou á prosperidade ás novas formas de vida.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Científicos desenvolven un aerosol nasal para aliviar a dor da xaqueca.


Investigadores están a desenvolver unha nova formulación nun aerosol como un tratamento para as xaquecas, como confirmaron na Reunión Anual e Exposición de 2014 da Sociedade Americana de Científicos Farmacéuticos, que se celebra ata este xoves en San Diego, Estados Unidos.



As 
xaquecas maniféstanse como dor severa de cabeza que pode durar entre catro e 72 horas, acompañada de náuseas, vómitos e sensibilidade á luz e o son. Dos cen millóns de persoas que sofren de dores de cabeza en Estados Unidos, 37 millóns deles padecen xaquecas.

As xaquecas, esta sitúase no top 20 das enfermidades máisdiscapacitantes do mundo, cunha persoa que acode ás salas de urxencias de Estados Unidos cada dez segundos para recibir tratamento.

Venkata Yellepeddi, xunto con compañeiros de Ciencias da Saúde da Universidade de Roseman, en Estados Unidos, desenvolveu un spray nasal con proclorperazina que podería resultar útil no campo da medicina para a dor.


Segundo algúns médicos, é unha opción de tratamento eficaz para os pacientes de xaqueca, xa que non produce efectos secundarios.

martes, 4 de noviembre de 2014

A OMS advirte a Europa que se prepare para outro virus: a febrechikungunya.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) animou onte a todos os países a estar alerta para detectar casos de febre chikungunya, e advertiu de que en Europa tamén poden detectarse brotes desta enfermidade infecciosa.

A febre chikungunya é unha enfermidade vírica transmitida por mosquitos para a que polo momento non hai ningún tratamento específico e, ademais de febre e fortes dores articulares, produce outros síntomas como dores musculares, dores de cabeza, náuseas, cansazo e erupcións cutáneas.


Descuberta  por primeira vez en 1952 en Tanzania, no 2007 notificouse a primeira transmisión da enfermidade en Europa, nun brote localizado no nordés de Italia causado polo mosquito Ae.albopictus, no que se rexistraron 197 casos. E hai só un par de semanas, o pasado 21 de outubro, confirmáronse catro casos de infección autóctona en Montpellier (Francia).

lunes, 3 de noviembre de 2014

Google desenvolve nanopartículas para a detección precoz do cancro.


Google anunciou que traballa no desenvolvemento de nanopartículas para o diagnóstico precoz do cancro, ataques de corazón e outras doenzas ao identificar cambios bioquímicos no organismo que dean sinais de alerta.

Confirmou que que as nanopartículas inxeriránse mediante unha cápsula e transmitirán información sobre células enfermas a unha peza informática equipada con sensores.

O proxecto está aínda na súa fase inicial e os expertos calculan que poderían ser necesarios entre 5 e 7 anos ata que se complete.

Google destacou que tecnoloxías desenvolvidas durante os últimos anos como sensores diminutos e poderosos microscopios alentaron a esperanza de novos sistemas de diagnóstico.


domingo, 2 de noviembre de 2014

¿Unha nova especie humana en China?

¿Una nueva especie humana en China?Son apenas uns poucos restos, un maxilar infantil e varios dentes encontrados no xacemento de Xujiayao, no norte de China, pero para un grupo de investigadores chinos e españois poden ser a clave da existencia dunha especie humana descoñecida hasta agora que habitou Asia fai entre 60.000 e 120.000 anos. 



O equipo que publicara as súas conclusións na revista American Journal of Physical Anthropology di que pola morfoloxía dental dos fósiles , seus donos compartían similitudes cos neandertais  e cos homo erectus asiático (os seus representantes mais primitivos) e estaría fora da variabilidade da nosa especie, o homo sapiens.



Algúns científicos apuntan a posibilidade de que se trate dun homínido aínda non descrito e que coexistira no tempo con humanos modernos e neandertais durante o Pleistoceno Superior.

Si facedes clic nesta ligazón poderedes ver un breve vídeo explicando a evolución humana.