viernes, 30 de enero de 2015

Investigadores da Universidade de Jaén descubren dous xenes que protexen contra o VIH.

 No seu estudo, publicado na revista Genes and Immunity, os expertos detectaron que as variantes xenéticas C4BPA e CR2 protexen contra a infección por VIH. Para chegar a estas conclusións, os investigadores analizaron o xenoma de individuos expostos a prácticas de risco durante anos, en concreto, heroinómanos que non se infectaron a pesar de ter condutas de alto risco.

Os investigadores intentaban responder á pregunta de que protexía estas persoas da enfermidade a pesar de expoñerse durante anos a prácticas de risco. Para iso, analizaron o seu xenoma centrándose nun grupo de xenes que consideraban relacionados co efecto protector.

O investigador explica que, aínda que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta.

Aínda que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta

A novidade do estudo esta na detección de ambas as dúas variantes de xenes, que os investigadores extraeron da análise do xenoma dunha mostra de 450 pacientes expostos a VIH por vía sanguínea.

Ademais, os científicos trasladaron os seus resultados obtidos en Andalucía a Italia, onde en colaboración coa Universidade de Milán. O CR2, tamén está presente noutro grupo de mulleres de risco: parellas de infectados por VIH que non presentan a enfermidade.

Os investigadores explican as posibles implicacións terapéuticas do descubrimento destas áreas do xenoma con efecto protector. Desta forma, os expertos destacan que estes elementos do xenoma poderían considerarse un factor para agrupar os pacientes en función das súas características xenéticas de cara a mellorar a efectividade futura dos tratamentos.

viernes, 23 de enero de 2015

Médicos australianos conectan o primeiro páncreas artificial a un neno de catro anos.

Un neno australiano de catro anos é a primeira persoa á que se lle colocou unha bomba de insulina de última xeración, que se diferencia das que hai no mercado en que ademais de avisar dunha inminente hipoglicemia, predí cales serán os niveis de glicosa da seguinte media hora. A comercialización dos aparatos non comezará ata o mes de maio.
Xavier sostiene la bomba junto a su madre Naomi (izquierda), su padre Shaun y la enfemera Annette Hart.
Xavier Hames vive en Perth, na costa occidental de Australia e aos seus catro anos xa vive pendente dos niveis de insulina. A vantaxe do modelo que leva Xavier é dobre: por unha parte, inclúe un sensor que mide constantemente os niveis de glicosa, e así cando o seu azucre baixa moito, avisa dunha posible hipoglicemia, algo que xa facía o modelo inmediatamente anterior de bomba; a gran novidade é que o sistema inclúe un aparello que calcula o que vai pasar nos próximos trinta minutos, e se no intermedio se recuperan os niveis, a máquina volve corrixir a deriva e inxecta insulina para estabilizar a Xavier. Isto é moi importante, porque os pacientes que sofren moitas hipoglicemias acaban perdendo a capacidade de reacción previa, o seu corpo non se defende contra o baixón de glicosa e nin sequera os avisa. Se con estas bombas se evitan os episodios, é máis doado que o paciente manteña ese mecanismo de protección natural.

viernes, 16 de enero de 2015

A enfermidade do verme de Guinea case erradicada.

Con soamente 126 casos en todo o mundo, a enfermidade do verme de Guinea xa está case erradicada, asegurou hoxe o expresidente de Estados Unidos Jimmy Carter. Carter inaugurou hoxe a exposición Countdown to Zero no Museo de Historia Natural de Nova York, unha mostra que relata os avances nos últimos anos para eliminar a dracunculosis ou a enfermidade do verme de Guinea, que sufrían 3,5 millóns de persoas, fai só tres décadas.

Segundo Carter, a enfermidade do verme de Guinea podería chegar a desaparecer da terra en dous ou tres anos se os voluntarios e traballadores da fundación poden traballar especialmente en Sudán do Sur e en Mali, onde existen a maioría de casos actuais e cuxos conflitos ameazan a campaña contra a infección.

O doutor Frank O. Richards, un dos expertos do Carter Center, explicou que o verme de Guinea é un tipo de parasito que vive na auga e se transmite a partir da inxestión da auga contaminada, de maneira que un verme dun metro de longo crece nas pernas dos enfermos e impídelles camiñar.

En 2014 soamente quedaban 30 poboados enfermos (todos en África) que sufrían esta enfermidade, que en 1991 afectaba a 23.735 municipios.