viernes, 5 de diciembre de 2014

A taxa de fertilidade española é a segunda máis baixa de toda Europa.

España mantense dende hai máis de dúas décadas entre os Estados europeos coas cifras máis baixas en 1990 con 1,36 fillos por muller, era o mínimo do continente xunto a Italia. Aínda baixou máis en 2000, cando caeu ata 1,23, de novo a máis reducida do continente, antes de elevarse a 1,37 unha década máis tarde.

Dáse a circunstancia de que hai catro décadas, irónicamente, España tiña unhas taxasde fertilidade entre as máis elevadas. En 1970 era de 2,90 fillos por muller, que entón só superaba Irlanda (3,87) e igualaba a Romanía entre os actuais membros da UE .

A razón desa evolución, xunto ao descenso da fertilidade, é o envellecemento da poboación, cun 17,4% dos habitantes de 65 ou máis anos en 2012, superior á media da UE (17%).
Os Estados máis envellecidos son Alemaña (21% de maiores de 65 anos), Italia (20,8%), Grecia (19,7%), Portugal (19%), Suecia (18,8%) e Letonia (18,6%).

A taxa de fertilidade española, con 1,32 fillos por muller en idade fértil, é despois da polaca (1,30) a máis baixa de toda Europa, por debaixo de Grecia, Hungría e Eslovaquia (1,34), segundo cifras do 2012, o último ano con datos comparables, indicou hoxe a OCDE.


viernes, 21 de noviembre de 2014

O 'dilema de Darwin' puido ser resolto.

A 'explosión' repentina de novas especies de vida que aconteceu hai centos de millóns de anos, coñecida como Explosión do Cámbrico, puido ser provocada por un grande evento tectónico, segundo un grupo de investigadores de EUA.

A Explosión do Cámbrico, que tivo lugar fai 530 millóns anos, causou arapidísima diversificación da vida animal multicelular no mundo. Estudos recentes determinaron que durante esta a vida animal evolucionou cinco veces máis rápido que o fai hoxe.

Os científicos aínda non están seguros de que causou exactamente este aumento repentino no número de especies nun período tan curto. Algúns apuntan a un desprazamento das pracas tectónicas de grande envergadura puido causar o aumento do nivel do mar e, como consecuencia diso, a explosión da vida.

A auga inundou partes dos continentes, creando un espazo de pouca profundidade, o que pola súa banda abriu nichos para novas especies. Tamén o evento tectónico favoreceu a suba de auga do océano, o que contribuíu a unha ondada de nutrientes en augas pouco profundas e levou á prosperidade ás novas formas de vida.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Científicos desenvolven un aerosol nasal para aliviar a dor da xaqueca.


Investigadores están a desenvolver unha nova formulación nun aerosol como un tratamento para as xaquecas, como confirmaron na Reunión Anual e Exposición de 2014 da Sociedade Americana de Científicos Farmacéuticos, que se celebra ata este xoves en San Diego, Estados Unidos.



As 
xaquecas maniféstanse como dor severa de cabeza que pode durar entre catro e 72 horas, acompañada de náuseas, vómitos e sensibilidade á luz e o son. Dos cen millóns de persoas que sofren de dores de cabeza en Estados Unidos, 37 millóns deles padecen xaquecas.

As xaquecas, esta sitúase no top 20 das enfermidades máisdiscapacitantes do mundo, cunha persoa que acode ás salas de urxencias de Estados Unidos cada dez segundos para recibir tratamento.

Venkata Yellepeddi, xunto con compañeiros de Ciencias da Saúde da Universidade de Roseman, en Estados Unidos, desenvolveu un spray nasal con proclorperazina que podería resultar útil no campo da medicina para a dor.


Segundo algúns médicos, é unha opción de tratamento eficaz para os pacientes de xaqueca, xa que non produce efectos secundarios.

martes, 4 de noviembre de 2014

A OMS advirte a Europa que se prepare para outro virus: a febrechikungunya.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) animou onte a todos os países a estar alerta para detectar casos de febre chikungunya, e advertiu de que en Europa tamén poden detectarse brotes desta enfermidade infecciosa.

A febre chikungunya é unha enfermidade vírica transmitida por mosquitos para a que polo momento non hai ningún tratamento específico e, ademais de febre e fortes dores articulares, produce outros síntomas como dores musculares, dores de cabeza, náuseas, cansazo e erupcións cutáneas.


Descuberta  por primeira vez en 1952 en Tanzania, no 2007 notificouse a primeira transmisión da enfermidade en Europa, nun brote localizado no nordés de Italia causado polo mosquito Ae.albopictus, no que se rexistraron 197 casos. E hai só un par de semanas, o pasado 21 de outubro, confirmáronse catro casos de infección autóctona en Montpellier (Francia).

lunes, 3 de noviembre de 2014

Google desenvolve nanopartículas para a detección precoz do cancro.


Google anunciou que traballa no desenvolvemento de nanopartículas para o diagnóstico precoz do cancro, ataques de corazón e outras doenzas ao identificar cambios bioquímicos no organismo que dean sinais de alerta.

Confirmou que que as nanopartículas inxeriránse mediante unha cápsula e transmitirán información sobre células enfermas a unha peza informática equipada con sensores.

O proxecto está aínda na súa fase inicial e os expertos calculan que poderían ser necesarios entre 5 e 7 anos ata que se complete.

Google destacou que tecnoloxías desenvolvidas durante os últimos anos como sensores diminutos e poderosos microscopios alentaron a esperanza de novos sistemas de diagnóstico.


domingo, 2 de noviembre de 2014

¿Unha nova especie humana en China?

¿Una nueva especie humana en China?Son apenas uns poucos restos, un maxilar infantil e varios dentes encontrados no xacemento de Xujiayao, no norte de China, pero para un grupo de investigadores chinos e españois poden ser a clave da existencia dunha especie humana descoñecida hasta agora que habitou Asia fai entre 60.000 e 120.000 anos. 



O equipo que publicara as súas conclusións na revista American Journal of Physical Anthropology di que pola morfoloxía dental dos fósiles , seus donos compartían similitudes cos neandertais  e cos homo erectus asiático (os seus representantes mais primitivos) e estaría fora da variabilidade da nosa especie, o homo sapiens.



Algúns científicos apuntan a posibilidade de que se trate dun homínido aínda non descrito e que coexistira no tempo con humanos modernos e neandertais durante o Pleistoceno Superior.

Si facedes clic nesta ligazón poderedes ver un breve vídeo explicando a evolución humana.



viernes, 24 de octubre de 2014

Médicos australianos logran trasplantar un corazón que deixara de latir.


Un grupo de médicos australianos logrou trasplantar un corazón que deixara de latir antes de ser donado, a primeira vez que se logra un trasplante deste tipo.


Hasta ahora só se podian utilizar para trasplantar corazóns vivos donados por pacientes declarados por morte cerebral, polo que este procedemento utilizando un corazón dun paciente declarado de morte circulatoria e completamente novidoso.

Os médicos utilizaron unha solución especial para reservar os órganos e unha consola portatil que permite conectar o corazón a un circuito estéril que lle permite manter o calor e seguir latindo.

Según fontes hopitalarias, os enfermos  que padecían enfermidades cardíacas terminais encontranse en bo estado tras o trasplante de corazóns que deixaran de latir. Isto supon un gran avance no que se refiere a escasez de doantes. 


domingo, 19 de octubre de 2014

O primeiro mapa 3D do universo oculto.


Un equipo do Instituto Max Planck de Astronomía creou o primeiro mapa 3D do Universo cando tiña tan só 3.000 anos despois do Big Bang. Este mapa ten unas dimensións de millóns de anos luz de diámetro e ofrece unha vista das grandes estruturas da rede cósmica.
A grandes escalas a materia do Universo presentase nunhas grandes redes de estruturadas de filamentos (rede cósmica). A materia escura forma a columna vertebral da rede. As galaxias están incrustadas dentro de esta rede, pero enchen só unha pequena franxa do seu volume.


El primer mapa del Universo oculto
O mapa foi creado mediante o uso de galaxias de fondo como fontes de luz. As lonxitudes de onda de cada marca de hidroxeno mostraron a presenza de gas a unha distancia específica de nos.  


Os datos obtidos foron suficientes para combinalos cos xa coñecidos e asi formar un mapa 3D da rede cósmica.




Déixovos aquí unha ligazón a un vídeo que explica brevemente a creación do universo. 





sábado, 18 de octubre de 2014

O último alento da bolboreta cósmica.

Hai moitos obxetos celestes espectaculares, pero os mais impactantes sen dúbida chegan co ultimo alento das estrelas de masa media. Tratanse de nebulosas bipolares, nas cales o gas escapa mais facilmente dos polos que do centro ecuatorial, creando unha estructura que nos recorda a un reloxo de area ou a unha bolboreta.

Imagen de la Nebulosa 'NGC 6302'.Esta complexa estructura encontrase a uns 3.800 anos luz da terra, na via láctea. Formouse cando unha estrella con unha masa cinco veces superior a do Sol se transformou nunha xigante vermella., desprendendose das suas capas extrernas e volvendose extremadamente quente.

O tono roxizo dos bordes das ás da mariposa son producto da radiación emitida polo nitróxeno, e indica que esa rexión se encontra a unha temperatura baixa.  En contraste, as manchas brancas cerca do centro son as emisións de xofre, que corresponden coas zonas mais altas en temperatura. 

O gas quente expulsado pola estrela colisionou coa materia do seu entorno, creando ondas de choque a través da nebulosa. Os outros tons da nebulosa indican a presenza de osíxeno, helio e hidróxeno.

viernes, 17 de octubre de 2014

Persoas cegas logran recuperar a vista con células nai.


As células nais son a gran esperanza da mediciña dende que en 1981 foron cultivadas nun laboratorio por primeira vez. 

Un transplante de células nai logrou por primeira vez devolver a visión a pacientes afectados por duas enfermidades da retina; a dexeneración macular (asociada a idade) e a distrofia macular de Stargardt (unha das formas mais comuns de cegueira).

(A dereita unha imaxe da vision dunha persoa sá a esquerda a imaxe da visión dunha persoa afectada pola dexeneración macular.) 

Dos 18 tratados , dez recuperaron a visión casi por completo, sete melloraron de forma moderada ou quedaron estables e un sufreu pérdidas. O seguimento fixose durante tres anos. 
 Este método foi cuestionado pola Igrexa porque implicaba a destrucción de embrións.

O traballo é logro importante, ainda que queda moito por facer. O segundo ensaio será realizado a finais deste ano, e se todo vai ben, este tipo de trasplantes poderian ser realizables no 2020.


                                                                                    

                                                                                  

jueves, 16 de octubre de 2014

Non habrá vacinas contra o ébola hasta xaneiro de 2015.


As primeras vacinas contra o ébola terán que esperar polo menos hasta xaneiro de 2015 según a OMS. Está previsto que estes tratamentos comecen a probarse nos países afectados pola enfermidade en África occidental a principios do próximo. Mentras, sesenta persoas están participando nun ensaio clínico no Instituto Jenner de Oxford (Reino Unido). Estos voluntarios inxectaronse parte do virus para buscar unha solución que poda evitar futuros brotes da enfermidade. A OMS colabora "intensamente" cas farmacéuticas e os reguladores co obxectivo de acelerar no ó máximo a utilización posibles tratamentos para combatir este mal. Malia isto, non será una campaña de vacinación masiva debido a  limitada cantidade de medicación dispoñible.

A reunión dos expretor realizada o 5 de novembro impulsou a creación de duas posibles: a do adenovirus tipo 3 do chimpancé e a da estomatitis vesicular. Ninguna delas foi probada ainda  en seres humanos para intentar frear o ébola pero a primeira, ChAd3, sí foi  utilizada con outras enfermidades e é aparentemente segura. Os estudios para aplicalas están xa en marcha nos EE.UU. e en breve comezarán tamén en Europa e África, polo que os especialistas esperan os primeiros resultados con seguridade ese próximo mes.