viernes, 24 de abril de 2015

Fabrican unha vacina contra cancro de pulmón, pel e colon en ratos.


Científicos alemáns e estadounidenses crearon unha vacina para ratos que permite combater tumores de pulmón, pel e colon. A partir dunha análise bioinformático, deseñaron secuencias de ARN mensaxeiro sintético que se introducían nos roedores para desencadear a reacción do sistema inmunitario.


Fabrican una vacuna contra cáncer de pulmón, piel y colon en ratonesOs expertos da Universidade de Johannes Gutenberg (Alemaña), explican que ata agora o principal obstáculo para o desenvolvemento deste tipo de vacinas era que cada tumor posúe un repertorio único de mutacións (que bautizaron como metanoma), dificilmente identificable polas células inmunitarias. Non obstante, descubriron que a maior parte do metanoma de tres tipos distintos de tumores en ratos (causantes de cancro de pulmón, pel e colon) podía ser detectada polos linfocitos T CD4+, capaces de maximizar as capacidades de defensa do sistema inmunitario. Polo tanto, unha vacina que activase estes linfocitos permitiría unha resposta máis rápida e intensa contra o tumor.

A partir dos resultados dos experimentos, os expertos deseñaron secuencias específicas de ARN mensaxeiro sintético que permitía que as células detectasen e rexeitasen os tumores. A eficacia destas vacinas foi comprobada nun grupo de ratos que mostraron maiores niveis de supervivencia respecto aos que non foran inmunizados.


Aplicar a noterapia á medida pode servir como modelo universal para estes tipos de cancro, permitindo combater aos tumores grazas a vacinas producidas a tempo.





viernes, 10 de abril de 2015

A estimulación cerebral profunda, unha esperanza para o párkinson.

Josetxo apenas podía beber un sorbo de café sen tremer. A enfermidade de Parkinson que levaba sufrindo os últimos once anos estaba a facelo perder a esperanza. A pesar de que conseguía controlar algúns síntomas coa medicación, aos seus 67 anos,Josetxo sentiu que non era o momento de dar por vencido, creu que haber algunha opción terapéutica que lle permitise vivir sen tremor e dificultade para camiñar.


Pulse para ver el video
E a solución tíñaa nas súas mans o doutor Jorge Guridi, director do Departamento de Neurocirurxía da Clínica Universidade de NavarraO doutor Gaudiri propúxolle unha intervención cirúrxica, denominada estimulación cerebral profunda. O especialista díxolle que o tratamento cirúrxico o ía deixar sen tremor e sen o resto de trastornos. Sendo o primeiro na introdución en España desta técnica,

Nin a operación querúrjica nin as súas 6 horas de duración botou atrás a Josetxo para intentalo. Actualmente vive sen ningunsintoma, a operación considerouse todo un éxito e actualmente o doutor Guridi aplicouna xa en 500 enfermos de párkinson, unha cifra que o converte nun dos neurocirurxians con máis experiencia de España.