sábado, 14 de marzo de 2015

Ganímedes, a maior lúa de Júpiter, alberga máis auga líquida que a Terra.

Recreación artística de la luna Ganímedes, con las auroras...Ganímedes é a maior lúa de Xúpiter e tamén do Sistema Solar. E segundo suxiren as observacións realizadas co telescopio espacial Hubble, alberga un grande océano subterráneo que contén máis auga líquida que a que hai na Terra.

Segundo os seus cálculos, esta gran masa de auga salgada tería uns 100 quilómetros de profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra) e se encontraría baixo unha codia de 150 quilómetros de espesor, composta na súa maior parte por xeo.

Descuberta por Galileo no ano 1610, a lúa xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ao planeta Mercurio e conta cun campo magnético propio (é o único satélite do SistemaSolar que o ten) e unha fráxil atmosfera, moi distinta á da Terra, na cal xa se encontraran indicios de osíxeno.

Este descubrimento abre a fascinante posibilidade de que haxa vida máis alá da Terra na opinión de múltiples científicos.

viernes, 13 de marzo de 2015

Unha fotografía en alta resolución do noso ADN.

O núcleo dunha célula humana alberga uns dous metros de material xenético, o noso libro de instrucións. Nestes dous metros, o ADN empaquétase en cromosomas e estes organízanse en nucleosomas, uns nobelos de proteínas que dan lugar á fibra de cromatina, unha estrutura con aparencia de colar de perlas. Por primeira vez, os científicos observaron en animais, con suficiente claridade os nucleosomas. É unha fotografía en alta resolución do noso xenoma.

Ata agora pensábase que os nucleosomas estaban moi compactados e esparexíanse de forma regular na cromatina. En cambio, novos experimentos con células nai e células adultas de humano e rato mostran que se empaquetan de forma diferente. Ademais, o estudo engade que están separados por rexións de ADN libres de nucleosomas.
Esta investigación básica ofrece novas pistas para entender mellor o funcionamento das células nai. En concreto, os cambios na cromatina durante os procesos de reprogramación e diferenciación celular. Por exemplo, este coñecemento podería contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a arquitectura interna dunha célula canceríxena.

O descubrimento podería contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a arquitectura interna dunha célula canceríxena.

Un estudo apunta que a gripe aviaria H7N9 podería emerxer como unha pandemia.

A segunda epidemia do virus H7N9, que causou máis de cen mortes entre os humanos, diversificouse a través dos mercados de aves vivas de China, polo que se non se aplican medidas de control eficaces o H7N9 podería estenderse por outras rexións.

O segundo brote da gripe aviaria H7N9 en China podería ter o potencial de emerxer como unha cepa pandémica a menos que se establezan as medidas de control necesarias.

A segunda onda de brote do H7N9, que comezou a finais de 2013, traduciuse en máis de 310 contaxios entre humanos e máis de 100 mortos, o que supón máis do dobre que durante o primeiro brote.

O equipo de investigadores estudou a evolución e a propagación do H7N9 para entender como rexurdiu o virus, como se podería desenvolver e como podería ameazar á saúde pública.

Ata o momento a gripe aviaria H7N9 soamente está en China, non obstante, se deixamos que continúe desenvolvéndose, podería estenderse mais alá do país.

martes, 10 de marzo de 2015

Transplantan as tres primeiras 'mans biónicas' do mundo.

Trasplantan las tres primeras ‘manos biónicas’ del mundoTres homes de nacionalidade austríaca convertéronse nos primeiros no mundo en someterse a unha nova técnica chamada 'reconstrución biónica', que lles permite utilizar unha prótese de man robótica controlada pola súa mente. Os tres sufrían dende hai moitos anos lesións que limitaban a función da súa man como resultado de diferentes accidentes.

A nova técnica, desenvolvida polo profesor Oskar Aszmann, da Universidade Médica de Viena (Austria), xunto cos enxeñeiros da Universidade do Centro Médico Goettingen, combina mecanismos selectivos de transferencia nerviosa e muscular, unha amputación selectiva da man e a súa substitución por unha prótese robótica avanzada (usando sensores que responden aos impulsos eléctricos nos músculos). Os investigadores aseguran que despois dunha rehabilitación integral, a técnica restaurou a función da man nos tres pacientes, permitíndolles realizar as súas actividades diarias.

O tratamento produciuse en dúas etapas; primeiro, os investigadores identificaron e crearon sinais electromiográficas útiles para o control da prótese e, a continuación, amputouse a man ou o toco para substituílo cunha prótese mecatrónica.

Tres meses despois da amputación, as próteses robóticas implantadas permitiron nos tres casos unha mellora substancial no movemento das súas mans, unha mellor calidade de vida e unha redución da dor. Por primeira vez dende o seu accidente foron capaces de levar a cabo diversas tarefas cotiás, como recoller unha pelota, servir auga dunha xerra, usar unha chave para abrir un fecho, cortar os alimentos cun coitelo ou abrochar ou desabrochar botóns coas dúas mans.

¿Cómo inflúen os xenes no éxito deportivo?

No mundo do deporte, non é casualidade encontrar casos irmáns que obteñen éxito no deporte. Paul e Marc Gasol en baloncesto,Marc e Álex Marquez en motociclismo, as irmás Williams no tenis... son irmáns que compaten unha similar carga xenética que os capacita para un deporte en concreto.

Segundo un estudo realizado polo doutor José Calabuig, especialista do Departamento de Cardioloxía da Clínica Universidade de Navarra, non é que o deportista elixa un deporte ou outro, senón que «é o deporte quen lles está a elixir a el por estar xeneticamente condicionado e ben provisto para poder realizar ese deporte».

Aquí vos deixo un video onde o douor José Calabuig nos explica detalladamente isto: http://www.abc.es/videos-abcsalud/20150309/genetica-deporte-4101175282001.html