Científicos alemáns e estadounidenses crearon unha vacina para ratos que
permite combater tumores de pulmón, pel e colon. A partir dunha análise bioinformático, deseñaron secuencias de ARN mensaxeiro
sintético que se introducían nos roedores para desencadear a reacción do
sistema inmunitario.
A partir dos resultados dos experimentos, os expertos deseñaron secuencias específicas de ARN mensaxeiro sintético que permitía que as células detectasen e rexeitasen os tumores. A eficacia destas vacinas foi comprobada nun grupo de ratos que mostraron maiores niveis de supervivencia respecto aos que non foran inmunizados.
Aplicar a noterapia á medida pode servir como modelo universal para estes tipos de cancro, permitindo combater aos tumores grazas a vacinas producidas a tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario