Google anunciou que traballa no desenvolvemento de nanopartículas
para o diagnóstico precoz do cancro, ataques de corazón e outras doenzas ao
identificar cambios bioquímicos no organismo que dean sinais de alerta.
Confirmou que que as nanopartículas inxeriránse mediante unha cápsula e transmitirán información sobre células enfermas a unha peza informática equipada con sensores.
O proxecto está aínda na súa fase inicial e os expertos calculan que poderían ser necesarios entre 5 e 7 anos ata que se complete.
Google destacou que tecnoloxías desenvolvidas durante os últimos anos como sensores diminutos e poderosos microscopios alentaron a esperanza de novos sistemas de diagnóstico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario