A Organización Mundial da Saúde (OMS) animou onte a todos os países a estar alerta para detectar casos de febre chikungunya, e advertiu de que en Europa tamén poden detectarse brotes
desta enfermidade infecciosa.
A febre chikungunya é unha
enfermidade vírica transmitida por mosquitos para a que polo momento non hai
ningún tratamento específico e, ademais de febre e fortes dores articulares,
produce outros síntomas como dores musculares, dores de cabeza, náuseas,
cansazo e erupcións cutáneas.
Descuberta por
primeira vez en 1952 en Tanzania, no 2007 notificouse a primeira transmisión da
enfermidade en Europa, nun brote localizado no nordés de Italia causado polo
mosquito Ae.albopictus, no
que se rexistraron 197 casos. E hai só un par de semanas, o pasado 21 de
outubro, confirmáronse catro casos de infección autóctona en Montpellier (Francia).
Moi bó post, Lois. Unha nova enfermidade para a longa lista de pragas do século XXI.
ResponderEliminar