viernes, 30 de enero de 2015

Investigadores da Universidade de Jaén descubren dous xenes que protexen contra o VIH.

 No seu estudo, publicado na revista Genes and Immunity, os expertos detectaron que as variantes xenéticas C4BPA e CR2 protexen contra a infección por VIH. Para chegar a estas conclusións, os investigadores analizaron o xenoma de individuos expostos a prácticas de risco durante anos, en concreto, heroinómanos que non se infectaron a pesar de ter condutas de alto risco.

Os investigadores intentaban responder á pregunta de que protexía estas persoas da enfermidade a pesar de expoñerse durante anos a prácticas de risco. Para iso, analizaron o seu xenoma centrándose nun grupo de xenes que consideraban relacionados co efecto protector.

O investigador explica que, aínda que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta.

Aínda que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta

A novidade do estudo esta na detección de ambas as dúas variantes de xenes, que os investigadores extraeron da análise do xenoma dunha mostra de 450 pacientes expostos a VIH por vía sanguínea.

Ademais, os científicos trasladaron os seus resultados obtidos en Andalucía a Italia, onde en colaboración coa Universidade de Milán. O CR2, tamén está presente noutro grupo de mulleres de risco: parellas de infectados por VIH que non presentan a enfermidade.

Os investigadores explican as posibles implicacións terapéuticas do descubrimento destas áreas do xenoma con efecto protector. Desta forma, os expertos destacan que estes elementos do xenoma poderían considerarse un factor para agrupar os pacientes en función das súas características xenéticas de cara a mellorar a efectividade futura dos tratamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario