viernes, 22 de mayo de 2015

Unha modificación do virus do herpes logra destruír en parte o cancro de pel

Resultado de imagen de virus del herpes
Os investigadores estudaron 436 pacientes que presentaban melanomas agresivos e inoperables aos que dividiron en grupos e aplicaron respectivamente unha inxección do virus Talimogene Laherparepvec (T-VEC) e tratamento de control.

Un tratamento viral composto do virus do herpes modificado con enxeñaría xenética detén a progresión do cancro de pel e destrúe as súas células, segundo un estudo do Instituto de Investigación do Cancro de Londres.


O traballo demostrou que este tratamento, ademais de destruír as células canceríxenas da pel, activa e estimula o sistema inmunolóxico contra os tumores.
Un 16,3% do grupo que recibiu o novo composto desenvolveu unha resposta positiva durante máis de seis meses, comparado co 2,1% dos que recibiron o tratamento de control. As respostas ao tratamento máis destacadas déronse enpacientes nos que o cancro estaba nas súas primeiras etapas e naqueles que aínda non recibiran ningún tipo de terapia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario