viernes, 13 de marzo de 2015

Unha fotografía en alta resolución do noso ADN.

O núcleo dunha célula humana alberga uns dous metros de material xenético, o noso libro de instrucións. Nestes dous metros, o ADN empaquétase en cromosomas e estes organízanse en nucleosomas, uns nobelos de proteínas que dan lugar á fibra de cromatina, unha estrutura con aparencia de colar de perlas. Por primeira vez, os científicos observaron en animais, con suficiente claridade os nucleosomas. É unha fotografía en alta resolución do noso xenoma.

Ata agora pensábase que os nucleosomas estaban moi compactados e esparexíanse de forma regular na cromatina. En cambio, novos experimentos con células nai e células adultas de humano e rato mostran que se empaquetan de forma diferente. Ademais, o estudo engade que están separados por rexións de ADN libres de nucleosomas.
Esta investigación básica ofrece novas pistas para entender mellor o funcionamento das células nai. En concreto, os cambios na cromatina durante os procesos de reprogramación e diferenciación celular. Por exemplo, este coñecemento podería contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a arquitectura interna dunha célula canceríxena.

O descubrimento podería contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a arquitectura interna dunha célula canceríxena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario