A segunda
epidemia do virus H7N9, que causou máis de cen mortes entre os humanos,
diversificouse a través dos mercados de aves vivas de China, polo que se non se
aplican medidas de control eficaces o H7N9 podería estenderse por outras
rexións.
O segundo brote da gripe aviaria H7N9 en China podería ter o
potencial de emerxer como unha cepa pandémica a menos que se establezan as
medidas de control necesarias.
A segunda onda de brote do H7N9, que comezou a finais de 2013, traduciuse en máis de 310 contaxios entre humanos e máis de 100 mortos, o que supón máis do dobre que durante o primeiro brote.
O equipo de investigadores estudou a evolución e a propagación do H7N9 para entender como rexurdiu o virus, como se podería desenvolver e como podería ameazar á saúde pública.
Ata o momento a gripe aviaria H7N9 soamente está en China, non obstante, se deixamos que continúe desenvolvéndose, podería estenderse mais alá do país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario