Tres homes de nacionalidade austríaca convertéronse nos primeiros no
mundo en someterse a unha nova técnica chamada 'reconstrución biónica', que
lles permite utilizar unha prótese de man robótica controlada pola súa mente.
Os tres sufrían dende hai moitos anos lesións que limitaban a función da súa
man como resultado de diferentes accidentes.
A nova técnica, desenvolvida polo profesor Oskar Aszmann, da Universidade Médica de Viena (Austria), xunto cos enxeñeiros da Universidade do Centro Médico Goettingen, combina mecanismos selectivos de transferencia nerviosa e muscular, unha amputación selectiva da man e a súa substitución por unha prótese robótica avanzada (usando sensores que responden aos impulsos eléctricos nos músculos). Os investigadores aseguran que despois dunha rehabilitación integral, a técnica restaurou a función da man nos tres pacientes, permitíndolles realizar as súas actividades diarias.
O tratamento produciuse en dúas etapas; primeiro, os investigadores identificaron e crearon sinais electromiográficas útiles para o control da prótese e, a continuación, amputouse a man ou o toco para substituílo cunha prótese mecatrónica.
Tres meses despois da amputación, as próteses robóticas implantadas permitiron nos tres casos unha mellora substancial no movemento das súas mans, unha mellor calidade de vida e unha redución da dor. Por primeira vez dende o seu accidente foron capaces de levar a cabo diversas tarefas cotiás, como recoller unha pelota, servir auga dunha xerra, usar unha chave para abrir un fecho, cortar os alimentos cun coitelo ou abrochar ou desabrochar botóns coas dúas mans.

No hay comentarios:
Publicar un comentario