sábado, 14 de marzo de 2015

Ganímedes, a maior lúa de Júpiter, alberga máis auga líquida que a Terra.

Recreación artística de la luna Ganímedes, con las auroras...Ganímedes é a maior lúa de Xúpiter e tamén do Sistema Solar. E segundo suxiren as observacións realizadas co telescopio espacial Hubble, alberga un grande océano subterráneo que contén máis auga líquida que a que hai na Terra.

Segundo os seus cálculos, esta gran masa de auga salgada tería uns 100 quilómetros de profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra) e se encontraría baixo unha codia de 150 quilómetros de espesor, composta na súa maior parte por xeo.

Descuberta por Galileo no ano 1610, a lúa xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ao planeta Mercurio e conta cun campo magnético propio (é o único satélite do SistemaSolar que o ten) e unha fráxil atmosfera, moi distinta á da Terra, na cal xa se encontraran indicios de osíxeno.

Este descubrimento abre a fascinante posibilidade de que haxa vida máis alá da Terra na opinión de múltiples científicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario