viernes, 30 de enero de 2015

Investigadores da Universidade de Jaén descubren dous xenes que protexen contra o VIH.

 No seu estudo, publicado na revista Genes and Immunity, os expertos detectaron que as variantes xenéticas C4BPA e CR2 protexen contra a infección por VIH. Para chegar a estas conclusións, os investigadores analizaron o xenoma de individuos expostos a prácticas de risco durante anos, en concreto, heroinómanos que non se infectaron a pesar de ter condutas de alto risco.

Os investigadores intentaban responder á pregunta de que protexía estas persoas da enfermidade a pesar de expoñerse durante anos a prácticas de risco. Para iso, analizaron o seu xenoma centrándose nun grupo de xenes que consideraban relacionados co efecto protector.

O investigador explica que, aínda que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta.

Aínda que esa batería de xenes é común a todos os xenomas, hai persoas que teñen unha variante que funciona de forma distinta

A novidade do estudo esta na detección de ambas as dúas variantes de xenes, que os investigadores extraeron da análise do xenoma dunha mostra de 450 pacientes expostos a VIH por vía sanguínea.

Ademais, os científicos trasladaron os seus resultados obtidos en Andalucía a Italia, onde en colaboración coa Universidade de Milán. O CR2, tamén está presente noutro grupo de mulleres de risco: parellas de infectados por VIH que non presentan a enfermidade.

Os investigadores explican as posibles implicacións terapéuticas do descubrimento destas áreas do xenoma con efecto protector. Desta forma, os expertos destacan que estes elementos do xenoma poderían considerarse un factor para agrupar os pacientes en función das súas características xenéticas de cara a mellorar a efectividade futura dos tratamentos.

viernes, 23 de enero de 2015

Médicos australianos conectan o primeiro páncreas artificial a un neno de catro anos.

Un neno australiano de catro anos é a primeira persoa á que se lle colocou unha bomba de insulina de última xeración, que se diferencia das que hai no mercado en que ademais de avisar dunha inminente hipoglicemia, predí cales serán os niveis de glicosa da seguinte media hora. A comercialización dos aparatos non comezará ata o mes de maio.
Xavier sostiene la bomba junto a su madre Naomi (izquierda), su padre Shaun y la enfemera Annette Hart.
Xavier Hames vive en Perth, na costa occidental de Australia e aos seus catro anos xa vive pendente dos niveis de insulina. A vantaxe do modelo que leva Xavier é dobre: por unha parte, inclúe un sensor que mide constantemente os niveis de glicosa, e así cando o seu azucre baixa moito, avisa dunha posible hipoglicemia, algo que xa facía o modelo inmediatamente anterior de bomba; a gran novidade é que o sistema inclúe un aparello que calcula o que vai pasar nos próximos trinta minutos, e se no intermedio se recuperan os niveis, a máquina volve corrixir a deriva e inxecta insulina para estabilizar a Xavier. Isto é moi importante, porque os pacientes que sofren moitas hipoglicemias acaban perdendo a capacidade de reacción previa, o seu corpo non se defende contra o baixón de glicosa e nin sequera os avisa. Se con estas bombas se evitan os episodios, é máis doado que o paciente manteña ese mecanismo de protección natural.

viernes, 16 de enero de 2015

A enfermidade do verme de Guinea case erradicada.

Con soamente 126 casos en todo o mundo, a enfermidade do verme de Guinea xa está case erradicada, asegurou hoxe o expresidente de Estados Unidos Jimmy Carter. Carter inaugurou hoxe a exposición Countdown to Zero no Museo de Historia Natural de Nova York, unha mostra que relata os avances nos últimos anos para eliminar a dracunculosis ou a enfermidade do verme de Guinea, que sufrían 3,5 millóns de persoas, fai só tres décadas.

Segundo Carter, a enfermidade do verme de Guinea podería chegar a desaparecer da terra en dous ou tres anos se os voluntarios e traballadores da fundación poden traballar especialmente en Sudán do Sur e en Mali, onde existen a maioría de casos actuais e cuxos conflitos ameazan a campaña contra a infección.

O doutor Frank O. Richards, un dos expertos do Carter Center, explicou que o verme de Guinea é un tipo de parasito que vive na auga e se transmite a partir da inxestión da auga contaminada, de maneira que un verme dun metro de longo crece nas pernas dos enfermos e impídelles camiñar.

En 2014 soamente quedaban 30 poboados enfermos (todos en África) que sufrían esta enfermidade, que en 1991 afectaba a 23.735 municipios.

viernes, 5 de diciembre de 2014

A taxa de fertilidade española é a segunda máis baixa de toda Europa.

España mantense dende hai máis de dúas décadas entre os Estados europeos coas cifras máis baixas en 1990 con 1,36 fillos por muller, era o mínimo do continente xunto a Italia. Aínda baixou máis en 2000, cando caeu ata 1,23, de novo a máis reducida do continente, antes de elevarse a 1,37 unha década máis tarde.

Dáse a circunstancia de que hai catro décadas, irónicamente, España tiña unhas taxasde fertilidade entre as máis elevadas. En 1970 era de 2,90 fillos por muller, que entón só superaba Irlanda (3,87) e igualaba a Romanía entre os actuais membros da UE .

A razón desa evolución, xunto ao descenso da fertilidade, é o envellecemento da poboación, cun 17,4% dos habitantes de 65 ou máis anos en 2012, superior á media da UE (17%).
Os Estados máis envellecidos son Alemaña (21% de maiores de 65 anos), Italia (20,8%), Grecia (19,7%), Portugal (19%), Suecia (18,8%) e Letonia (18,6%).

A taxa de fertilidade española, con 1,32 fillos por muller en idade fértil, é despois da polaca (1,30) a máis baixa de toda Europa, por debaixo de Grecia, Hungría e Eslovaquia (1,34), segundo cifras do 2012, o último ano con datos comparables, indicou hoxe a OCDE.


viernes, 21 de noviembre de 2014

O 'dilema de Darwin' puido ser resolto.

A 'explosión' repentina de novas especies de vida que aconteceu hai centos de millóns de anos, coñecida como Explosión do Cámbrico, puido ser provocada por un grande evento tectónico, segundo un grupo de investigadores de EUA.

A Explosión do Cámbrico, que tivo lugar fai 530 millóns anos, causou arapidísima diversificación da vida animal multicelular no mundo. Estudos recentes determinaron que durante esta a vida animal evolucionou cinco veces máis rápido que o fai hoxe.

Os científicos aínda non están seguros de que causou exactamente este aumento repentino no número de especies nun período tan curto. Algúns apuntan a un desprazamento das pracas tectónicas de grande envergadura puido causar o aumento do nivel do mar e, como consecuencia diso, a explosión da vida.

A auga inundou partes dos continentes, creando un espazo de pouca profundidade, o que pola súa banda abriu nichos para novas especies. Tamén o evento tectónico favoreceu a suba de auga do océano, o que contribuíu a unha ondada de nutrientes en augas pouco profundas e levou á prosperidade ás novas formas de vida.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Científicos desenvolven un aerosol nasal para aliviar a dor da xaqueca.


Investigadores están a desenvolver unha nova formulación nun aerosol como un tratamento para as xaquecas, como confirmaron na Reunión Anual e Exposición de 2014 da Sociedade Americana de Científicos Farmacéuticos, que se celebra ata este xoves en San Diego, Estados Unidos.



As 
xaquecas maniféstanse como dor severa de cabeza que pode durar entre catro e 72 horas, acompañada de náuseas, vómitos e sensibilidade á luz e o son. Dos cen millóns de persoas que sofren de dores de cabeza en Estados Unidos, 37 millóns deles padecen xaquecas.

As xaquecas, esta sitúase no top 20 das enfermidades máisdiscapacitantes do mundo, cunha persoa que acode ás salas de urxencias de Estados Unidos cada dez segundos para recibir tratamento.

Venkata Yellepeddi, xunto con compañeiros de Ciencias da Saúde da Universidade de Roseman, en Estados Unidos, desenvolveu un spray nasal con proclorperazina que podería resultar útil no campo da medicina para a dor.


Segundo algúns médicos, é unha opción de tratamento eficaz para os pacientes de xaqueca, xa que non produce efectos secundarios.

martes, 4 de noviembre de 2014

A OMS advirte a Europa que se prepare para outro virus: a febrechikungunya.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) animou onte a todos os países a estar alerta para detectar casos de febre chikungunya, e advertiu de que en Europa tamén poden detectarse brotes desta enfermidade infecciosa.

A febre chikungunya é unha enfermidade vírica transmitida por mosquitos para a que polo momento non hai ningún tratamento específico e, ademais de febre e fortes dores articulares, produce outros síntomas como dores musculares, dores de cabeza, náuseas, cansazo e erupcións cutáneas.


Descuberta  por primeira vez en 1952 en Tanzania, no 2007 notificouse a primeira transmisión da enfermidade en Europa, nun brote localizado no nordés de Italia causado polo mosquito Ae.albopictus, no que se rexistraron 197 casos. E hai só un par de semanas, o pasado 21 de outubro, confirmáronse catro casos de infección autóctona en Montpellier (Francia).