Científicos alemáns e estadounidenses crearon unha vacina para ratos que
permite combater tumores de pulmón, pel e colon. A partir dunha análise bioinformático, deseñaron secuencias de ARN mensaxeiro
sintético que se introducían nos roedores para desencadear a reacción do
sistema inmunitario.
Os
expertos da Universidade de Johannes Gutenberg (Alemaña),
explican que ata agora o principal obstáculo para o desenvolvemento deste tipo
de vacinas era que cada tumor posúe un repertorio único de mutacións (que
bautizaron como metanoma),
dificilmente identificable polas células inmunitarias. Non obstante,
descubriron que a maior parte do metanoma de tres tipos distintos de tumores en
ratos (causantes de cancro de pulmón, pel e colon) podía ser detectada polos
linfocitos T CD4+, capaces de maximizar as
capacidades de defensa do sistema inmunitario. Polo tanto, unha vacina que
activase estes linfocitos permitiría unha resposta máis rápida e intensa contra
o tumor.
A partir
dos resultados dos experimentos, os expertos deseñaron secuencias específicas
de ARN mensaxeiro sintético que permitía que
as células detectasen e rexeitasen os tumores. A eficacia destas vacinas foi
comprobada nun grupo de ratos que mostraron maiores niveis de supervivencia
respecto aos que non foran inmunizados.
Aplicar a noterapia á medida pode servir como modelo
universal para estes tipos de cancro, permitindo combater aos tumores grazas a
vacinas producidas a tempo.
Josetxo apenas podía beber un
sorbo de café sen tremer. A enfermidade de Parkinson que levaba sufrindo os últimos once
anos estaba a facelo perder a esperanza. A pesar de que conseguía controlar
algúns síntomas coa medicación, aos seus 67 anos,Josetxo sentiu que non era o momento de dar
por vencido, creu que haber algunha opción terapéutica que lle permitise vivir
sen tremor e dificultade para camiñar.
E a solución tíñaa nas súas mans o doutor Jorge Guridi, director do Departamento de Neurocirurxía da Clínica Universidade de Navarra. O doutor Gaudiri propúxolle unha intervención cirúrxica, denominada estimulación cerebral profunda. O especialista díxolle que o tratamento cirúrxico o ía deixar sen tremor e sen o resto de trastornos. Sendo o primeiro na introdución en España desta técnica,
Nin a
operación querúrjica nin as súas 6 horas de duración botou
atrás a Josetxo para intentalo. Actualmente vive sen ningunsintoma, a operación considerouse todo un éxito e
actualmente o doutor Guridi aplicouna xa en 500 enfermos de párkinson,
unha cifra que o converte nun dos neurocirurxians con máis experiencia de
España.
Ganímedes é a maior lúa de Xúpiter e tamén do Sistema Solar. E segundo
suxiren as observacións realizadas co telescopio espacial Hubble, alberga un grande océano subterráneo que contén
máis auga líquida que a que hai na Terra.
Segundo
os seus cálculos, esta gran masa de auga salgada tería uns 100 quilómetros de
profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra)
e se encontraría baixo unha codia de 150 quilómetros de espesor, composta na
súa maior parte por xeo.
Descuberta
por Galileo no ano 1610, a lúa xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ao planeta
Mercurio e conta cun campo magnético propio (é o único satélite do SistemaSolar que o ten) e unha fráxil atmosfera, moi distinta á da Terra, na cal xa se
encontraran indicios de osíxeno.
Este
descubrimento abre a fascinante posibilidade de que haxa vida máis alá da Terra
na opinión de múltiples científicos.
O núcleo dunha célula humana alberga uns dous metros de
material xenético, o noso libro de instrucións. Nestes dous metros, o ADN empaquétase
en cromosomas e estes organízanse en nucleosomas, uns nobelos de proteínas que
dan lugar á fibra de cromatina, unha estrutura con aparencia de colar de
perlas. Por primeira vez, os científicos observaron en animais, con suficiente
claridade os nucleosomas. É unha fotografía en alta resolución do noso xenoma.
Ata agora
pensábase que os nucleosomas estaban moi compactados e esparexíanse de forma
regular na cromatina. En cambio, novos experimentos con células nai e células
adultas de humano e rato mostran que se empaquetan de forma diferente. Ademais,
o estudo engade que están separados por rexións de ADN libres de nucleosomas.
Esta
investigación básica ofrece novas pistas para entender mellor o funcionamento
das células nai. En concreto, os cambios na cromatina durante os procesos de
reprogramación e diferenciación celular. Por exemplo, este coñecemento podería
contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a arquitectura
interna dunha célula canceríxena.
O descubrimento
podería contribuír a entender mellor a fisioloxía do cancro observando a
arquitectura interna dunha célula canceríxena.
A segunda
epidemia do virus H7N9, que causou máis de cen mortes entre os humanos,
diversificouse a través dos mercados de aves vivas de China, polo que se non se
aplican medidas de control eficaces o H7N9 podería estenderse por outras
rexións.
O segundo brote da gripe aviaria H7N9 en China podería ter o
potencial de emerxer como unha cepa pandémica a menos que se establezan as
medidas de control necesarias.
A segunda
onda de brote do H7N9, que comezou a finais de 2013, traduciuse en máis de 310
contaxios entre humanos e máis de 100 mortos, o que supón máis do dobre que
durante o primeiro brote.
O equipo
de investigadores estudou a evolución e a propagación do H7N9 para entender
como rexurdiu o virus, como se podería desenvolver e como podería ameazar á
saúde pública.
Ata o
momento a gripe aviaria H7N9 soamente está en China, non obstante, se deixamos
que continúe desenvolvéndose, podería estenderse mais alá do país.
Tres homes de nacionalidade austríaca convertéronse nos primeiros no
mundo en someterse a unha nova técnica chamada 'reconstrución biónica', que
lles permite utilizar unha prótese de man robótica controlada pola súa mente.
Os tres sufrían dende hai moitos anos lesións que limitaban a función da súa
man como resultado de diferentes accidentes.
A nova
técnica, desenvolvida polo profesor Oskar Aszmann, da Universidade Médica de Viena (Austria), xunto cos
enxeñeiros da Universidade do Centro Médico Goettingen, combina mecanismos selectivos de transferencia nerviosa e
muscular, unha amputación selectiva da man e a súa substitución por unha
prótese robótica avanzada (usando sensores que responden aos impulsos
eléctricos nos músculos). Os investigadores aseguran que despois dunha
rehabilitación integral, a técnica restaurou a función da man nos tres
pacientes, permitíndolles realizar as súas actividades diarias.
O
tratamento produciuse en dúas etapas; primeiro, os investigadores identificaron
e crearon sinais electromiográficas útiles para o control da prótese e, a continuación, amputouse
a man ou o toco para substituílo cunha prótese mecatrónica.
Tres
meses despois da amputación, as próteses robóticas implantadas permitiron nos
tres casos unha mellora substancial no movemento das súas mans, unha mellor
calidade de vida e unha redución da dor. Por primeira vez dende o seu accidente
foron capaces de levar a cabo diversas tarefas cotiás, como recoller unha
pelota, servir auga dunha xerra, usar unha chave para abrir un fecho, cortar os
alimentos cun coitelo ou abrochar ou desabrochar botóns coas dúas mans.
No mundo do deporte, non é casualidade encontrar casos irmáns que obteñen éxito no deporte. Paul e Marc Gasol en baloncesto,Marc e Álex Marquez en motociclismo, as irmás Williams no tenis... son irmáns que compaten unha similar carga xenética que os capacita para un deporte en concreto.
Segundo un estudo realizado polo doutor José Calabuig, especialista do Departamento de Cardioloxía da Clínica Universidade de Navarra, non é que o deportista elixa un deporte ou outro, senón que «é o deporte quen lles está a elixir a el por estar xeneticamente condicionado e ben provisto para poder realizar ese deporte».
Aquí vos deixo un video onde o douor José Calabuig nos explica detalladamente isto: http://www.abc.es/videos-abcsalud/20150309/genetica-deporte-4101175282001.html